Homenaxe a Castelao: Arte, Narrativa e Teatro

AC Alexandre Bóveda

No ano en que se conmemora o 75º aniversario do pasamento de Castelao, o grupo Alexandre Bóveda Teatro súmase á celebración coa súa particular homenaxe a este xenio poliédrico.

Este espectáculo combina diferentes expresións artísticas inspiradas na obra do autor. A través de debuxos que evocan os seus contos, narrados polos intérpretes do grupo, e a representación dun fragmento da súa célebre obra dramática Os vellos non deben de namorarse, o público poderá mergullarse no universo creativo de Castelao.

Dirixe a montaxe Manuela Varela.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 8 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Outros

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies