O venres 25 de abril, ás 19.30 h, inauguramos no noso local a exposición fotográfica Ailalelo do colectivo Ollo de Vidro.
O colectivo de fotografía Ollo de Vidro, integrado na AC Alexandre Bóveda, quere contribuír a poñer en valor a importancia da transmisión do noso patrimonio cultural inmaterial expresado a través do legado musical, valorar especialmente o labor das mulleres pandeireteiras que mantiveron as músicas e as letras tradicionais en tempos escuros e difíciles, superando as críticas e a oposición dunha parte da sociedade galega.
Tamén queremos destacar o traballo de múltiples persoas que foron quen de recoller todo ese patrimonio: músicas, danzas, letras e poñelo a disposición do noso goce. A todas elas o noso agradecemento porque a conservación e difusión deste patrimonio contribúe a que Galiza soe con voz propia no universo dos pobos.
Participan nesta exposición:
Zapatos de chiculate
tenos a miña cadela
pra levar as ovelliñas
ás feiriñas de Nadela.
Ai, lalelo, ai, lalalo.Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar,
ata os pinos lle axudan
á gaitiña a tocar.
Aló vén o gaiteiro
por detrás do pinar.Indo eu pra non sei onde,
vendo eu a non sei quen,
na porta de xa me entendes…
non me poido acordar ben.
Ai, lalelo, ai, lalalo.Andivécheste alabando
polos muíños moendo,
que te casabas comigo
e iso era en eu querendo.
Ai, lalelo, ai, lalalo.A rula vaise queixando,
que lle levaron o niño,
quen cho mandou facer rula
tanto á beira do camiño?
Ai, lalelo, ai, lalalo.Algún día ben pensaches
do meu corazón ter froles,
agora vai aos codesos
que chos hai nos arredores.
Ai, lalelo, ai, lalalo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR