Inauguración da exposición «Paisaxe construída» de Iván Casal

Inauguración da exposición «Paisaxe construída» de Iván Casal

O sábado 14 de novembro, ás 12 da mañá, inauguramos no noso local a exposición fotográfica Paisaxe construída, de Iván Casal Nieto.

A través do traballo conxunto con profesionais da arquitectura, a fotografía asume aquí a responsabilidade de achegar a quen non poida visitar as obras en persoa a intención orixinal e a atmosfera coas que foi concibido cada espazo.

A mostra reúne unha escolma de achegas da arquitectura galega contemporánea que afrontan a disciplina desde diferentes sensibilidades mais cun propósito común: dar resposta aos retos actuais desde a solvencia técnica, mantendo sempre o respecto e o diálogo co contorno natural e o patrimonio sobre o que interveñen.

Iván Casal é arquitecto de formación, centrado nos últimos anos na fotografía de arquitectura, interiorismo e produto.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 14 Novembro 2026
Hora: 12:00
Tipo de evento: Exposición