
No marco do cuarto encontro do ciclo Pensando o Futuro, o xoves 28 de maio ás 19:30 h, terá lugar a charla titulada Intelixencia Artificial: adaptarse ou …?, coa intervención de Laura Castro, profesora titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña (UDC) e investigadora do impacto social da tecnoloxía.
Nesta palestra explorarase que é a IA de maneira accesíbel, entendendo como xurdiu, que persegue, como foi avanzando e o momento actual. Comprender ese camiño é imprescindible para entender o papel que a IA pode xogar nas nosas vidas, na nosa economía e na nosa cultura. Así, poderase reflexionar sobre quen toma decisións, como se distribúen os beneficios e as responsabilidades, e que preguntas éticas deben acompañar á tecnoloxía en xeral, e á IA en particular, mentres avanza.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.