Jenaro Marinhas del Valle. Unha vida ao servizo de Galiza

Jenaro Marinhas del Valle. Unha vida ao servizo de Galiza

O mércores 30 de setembro, ás 19.30 h, acolleremos a palestra Jenaro Marinhas del Valle. Unha vida ao servizo de Galiza.

A dimensión humana de Jenaro Marinhas del Valle (A Coruña, 1908-1999), sempre fiel aos compromisos cívicos e galeguistas nos que foi formado, e a súa dimensión literaria, que sorprende pola súa profusión e calidade estética, fan que poidamos considerar a súa voz como unha das máis atraentes do panorama social e literario do século XX.

Para afondar no seu legado contaremos con dúas voces de referencia:

  • Alexandrina Fernández Otero, profesora, ensaísta e destacada investigadora literaria. Foi unha das principais impulsoras na recuperación e edición crítica dos textos de Marinhas del Valle, ademais de comisariar escolmas e estudos arredor da súa figura dramática e poética.

  • Pablo González Mariñas, sobriño de Jenaro, xurista, ensaísta e profesor universitario de Dereito Administrativo. Cunha longa traxectoria no eido cívico e político galego, achegará unha ollada íntima tanto ao perfil familiar e humano do autor como á súa dimensión pública e intelectual.

O encontro terá ademais un significado moi especial: a familia de Marinhas del Valle vén de doar á nosa entidade a biblioteca en lingua portuguesa que pertenceu a D. Jenaro, polo que a sesión constituirá un acto de homenaxe e agradecemento público a este xeneroso legado.

Non é necesaria inscrición.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 30 Setembro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra