
O luns 24 de febreiro, ás 19.30 h, Victorino Pérez Prieto falaranos de Xesús de Nazaret no cinema, dalgunhas das películas máis significativas.
Tense feito un bo cine sobre Xesús de Nararet que ten dado obras de grandísima calidade; algunhas están no cumio da historia do cinema. Porque un cinema que queira ser cine relixioso, o primeiro que ten que ser é… bo cine. Nesta sesión repasaremos algunhas desas xoias do cinema.
Victorino Pérez Prieto é doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi docente das universidades da Coruña, Santiago de Compostela, San Buenaventura (Bogotá) e Centro Universitario La Salle (Madrid). A súa obra teolóxica e intelectual centrouse na relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristiano con Galiza, a interculturalidade e a interrelixiosidade (particularmente na relación entre Occidente e Oriente) e a relación entre ecoloxismo e cristianismo.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.