
O venres 8 de maio, ás 19:30 horas, dentro do ciclo Outras Historias do Cinema, contamos coa presenza de Martin Pawley, crítico e programador cinematográfico, para achegarnos á figura de Jocelyne Saab.
O presente convulso en que vivimos fai cada día máis valiosa a obra documental desta directora libanesa, quen nas décadas dos 70 e 80 fixo reportaxes e filmes sobre a causa palestina, a revolución islámica en Irán, a resistencia do pobo saharauí e a guerra civil no seu propio país. A súa obra, que tamén abrangue a ficción, evidencia un firme compromiso feminista e unha intelixencia única para captar o lado xusto da Historia. Esta sesión rende homenaxe a unha das cineastas que máis urxe reivindicar no panorama actual.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.