
O xoves 26 de marzo, ás 19:30 h, organizamos unha palestra arredor da figura de José Suárez (Allariz, 1902 – A Garda, 1974), o fotógrafo homenaxeado pola Real Academia Galega de Belas Artes no Día das Artes Galegas 2026. O encontro contará coa intervención do seu sobriño, Xosé Luís Suárez Canal.
A xornada servirá para profundar na traxectoria artística dun autor esencial para entender a testemuña visual da Galiza do século XX. Xosé Luís Suárez Canal, quen foi comisario da destacada mostra Uns ollos vivos que pensan, achegaranos á visión de Suárez, para quen a fotografía non era unha simple captura, senón un xeito de explicar, transformar e expresar a realidade a través dunha linguaxe de seu.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR