Lectura Pública da obra de Rosalía

Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, AC Alexandre Bóveda

O luns día 23 de febreiro é o día no que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro.

A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda teñen o pracer de convidarte a festexar o Día de Rosalía coa lectura pública da súa obra.

Realizaremos o acto de lectura pública diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17.00 h. Queremos animarte a que participes na lectura lendo un texto que ti escollas de Rosalía de Castro. Leremos o Manifesto da AELG, elaborado este ano por Eva Veiga, e posteriormente realizaremos unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

O acto contará tamén con música do noso grupo de Cantos na Taberna e coa actuación de Noite Bohemia.

Non é preciso inscribirse para asistir, mais si para as persoas que queiran recitar poemas ou ler algún texto. Se queres participar na lectura, envíanos este formulario indicando que texto escolles.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 23 Febreiro 2026
Hora: 17:00
Tipo de evento: Outros

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies