
O domingo día 23 de febreiro é o día no que se conmemora o nacemento de Rosalía de Castro.
A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda teñen o pracer de convidarte a festexar o Día de Rosalía coa lectura pública da súa obra.
Realizaremos o acto de lectura pública diante do Teatro Rosalía de Castro ás 17 h. Queremos animarte a que participes na lectura lendo un texto que ti escollas de Rosalía de Castro. A vicepresidenta da AELG, a escritora Beatriz Maceda, dará lectura ao Manifesto da AELG, elaborado por Marga do Val, e posteriormente realizaremos unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro.
O acto contará tamén con música pois como sabes Rosalía de Castro é a poeta máis musicada da nosa literatura.
Non é preciso inscribirse para asistir, mais si para as persoas que queiran recitar poemas ou ler algún texto. Se queres participar na lectura, envíanos este formulario indicando que texto escolles.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.