Ciclo Aula Aberta: Levar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto

Ciclo Aula Aberta: Levar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto

Dentro do ciclo Aula Aberta, en colaboración co Grupo Illa da UDC, o luns 16 de novembro, ás 20.00 h, acollemos a palestra Levar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto, a cargo da investigadora Carla Varela.

Na Galiza dos anos noventa, as Edicións do Dragón racharon cos circuítos editoriais convencionais para achegar a creación poética ao espazo público e ao tecido social. Detrás deste pulso de intervención colectiva e novos formatos estivo o labor de Paco Souto como autor, editor e dinamizador.

Na palestra, Carla Varela, graduada en Galego e Portugués pola Universidade da Coruña, afondará na traxectoria desta iniciativa editorial independente e no xeito en que marcou tanto a evolución estética de Souto como as coordenadas da poesía galega desa década.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 16 Novembro 2026
Hora: 20:00
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete