Luís e Maruja Seoane na Memoria

AC Alexandre Bóveda

O 24 de xaneiro de 1912 nacía María Elvira Fernández López/Maruja Seoane na rúa Santo André da Coruña.

Esta data celebrámola cun agasallo que se amplía ao seu compañeiro Luís Seoane, presentando de novo estes tres libros, froito cada un dos diferentes agasallos que se lle fan ao artista desde 2007:

  • Acerca da integración das artes, 2012 edición traducida ao galego co seu orixinal en castellano que data de 1962 e publicado na revista da Universidade de Buenos Aires.
  • Poemas alumeados, 2010, poemas de Luís Seoane, prologo de Xosé Luís Méndez Ferrín, incluíndo no epílogo parte dun escrito inédito.
  • Certezas alumeadas, 2018 , diferentes escritos, algúns inéditos, de Luís Seoane, prólogo de Isidro Novo.

Nestes dous libros cada un dos escritos de Luís Seoane, en galego e castellano dependendo de como sexa o orixinal, vai ilustrado por un creador diferente así como diferentes son as técnicas (pintura, debuxo, fotografía, acuarela, mixta, gravado, témpera… ).

Dando a coñecer estes libros homenaxeamos a Maruja a Luís e a todos os que coa súa arte os ilustran, reivindicando esta parella indestrutíbel e agradecendo de maneira infinita a xenerosa axuda, solidaria e de amor e admiración cara a Luís Seoane de todos os que acompañan os seus escritos.

En Poemas: Hermenegildo Sábat, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xaquín Chaves, Jesús Núñez, Lipa Burd, Xoan Piñón, Lía santana, Felipe Criado, Xosé Salgado, Correa Corredoira, Pepe Barro, Luís López Gabú, Tiago Madeira, Pilar turbón, Detlef Kappeler, Reiner Schiestl.

En Certezas: Luís Seoane, Isidro Novo, Víctor Vázquez Collazo, Uxío López, Simon Fusté de Bona, Alfonso Caparrós, Calros Silvar, Baldo Ramos, Xosé Vizoso, Fernando Arenaz, Omar Kessel, Carlos Lorenzo, elerre, Séchu Sende-Estrela-Maré, troubs, Caxigueiro, Deside, Edmond Baudoin.

Será o venres 24 de xaneiro, ás 19.30 h, coa participación da Biblioteca Maravilhas-Escola de Arroxo-Lourenzá.

Estarán presentes Correa Corredoira; Carlos Lorenzo, fotógrafo; Calros Silvar, ilustrador; Marta Purriños, deseñadora editorial e Rosa Espiñeira Pan, editora.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 24 Xaneiro 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies