Manifesto feminista “Lieders”, de Rosalía de Castro

Fundación Galiza Sempre, AC Alexandre Bóveda

O martes 25 de marzo, ás 19 h, presentamos o manifesto feminista Lieders, publicado en 1858 no xornal El Miño por Rosalía de Castro.

A publicación, en formato facsímile, inclúe o texto dixitalizado e recollido na obra completa da autora publicado pola Fundación Rosalía de Castro en 1996. Conta, ademais, cun limiar da doutora e investigadora María Pilar García Negro e a tradución profesional de Iria Taibo.

Con esta publicación a Fundación Galiza Sempre quere poñer en valor unha peza ensaística xenuína, para que sirva como homenaxe á nosa poeta nacional, pero especialmente como ferramenta de difusión do amplo legado que nos deixou.

As persoas que nos acompañedes levaredes de agasallo esta pequena publicación, do Manifesto Lieders en lingua galega editado pola Fundación Galiza Sempre.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 25 Marzo 2025
Hora: 19:00
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies