María Luz Morales. A Gran Señora da Prensa

AC Alexandre Bóveda

O venres 24 de abril, ás 19.30 h, Alba Moledo falaranos da xornalista María Luz Morales.

María Luz Morales (A Coruña, 1890-Barcelona, 1980), naceu nunha casa da parte alta da cidade. Coruñesa de nacemento e corazón, desenvolveu en Barcelona unha carreira pioneira no xornalismo, ata converterse na primeira directora dun xornal de gran tiraxe no Estado (La Vanguardia), durante a Guerra Civil. Isto ocasionoulle a cadea, a prohibición de exercer o xornalismo, e o esquecemento. Sen embargo, o seu profundo arraigo galego fixo que chegara a implicarse no desenvolvemento do galeguismo, sempre en contacto coa terra de querenza.

Proxectaremos tamén o documental biográfico de Óscar Losada –xornalista especializado en cultura e deportes– sobre María Luz Morales.

Alba Moledo Ucha é doutora en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. A súa tese doutoral é a primeira no Estado Español que recupera un século de vida e obra da xornalista María Luz Morales, tras unha década de investigación. Traballa tamén como xornalista en Diario de Pontevedra.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 24 Abril 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies