Mesa redonda: Razóns para unha folga xeral

Mesa redonda: Razóns para unha folga xeral

O venres 6 de novembro, ás 19.30 horas, acollemos a mesa redonda Razóns para unha folga xeral.

O dereito á vivenda é un tema que percorre conversas e inquedanzas e que nos últimos tempos protagonizan a mobilización social. Nesta liña, o mércores 11 de novembro o sindicalismo de clase e distintas organizacións sociais e do tecido asociativo convocan unha folga xeral para exixir medidas reais que garantan o acceso a un dereito tan básico como o ter un teito.

Desde a Agrupación Cultural Alexande Bóveda, conscientes do papel que ocupa tamén o asociacionismo cultural, apoiamos iniciativas solidarias con estas mobilizacións e coa intención de cargarnos de razóns para este 11 de novembro organizamos esta mesa redonda na que participarán Óscar Calvo Varela, secretario comarcal da CIG, e Antía Garrote, parte do Sindicato da Vivenda da Coruña. Moderará a mesa redonda David Lombao, xornalista de Praza Pública.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 6 Novembro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Encontro