
Desde a Fundación Moncho Reboiras e a Confederación Intersindical Galega vénse de publicar o libro O nacionalismo galego na década dos 70. Un volume coordinado por Suso Seixo e Uxío-Breogán Diéguez, co que se pon en valor o esforzo militante que representou a articulación do frontismo nacionalista no devandito período. Edítase esta obra coa intención de pór en valor o enorme traballo de teorización e autoorganización ao que deu lugar o nacionalismo galego desde a segunda metade da década dos 60 do pasado século e que cristalizou na década dos anos setenta, dando lugar a unha forte mobilización social.
Contaremos coa presenza de Suso Seixo, Lois Diéguez e Pilar García Negro, coautores do libro.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.