
O venres 7 de novembro, ás 19.30 h, o poeta e mariñeiro Xosé Iglesias presentará no noso local unha performance poética e audiovisual.
O acto, de aproximadamente unha hora de duración, combinará a creación plástica en directo (o autor pintará un tema mariño con acuarelas) coa proxección dunha peza audiovisual. Esta peza, gravada a bordo do seu pesqueiro “Primero Villar”, formúlase como un “canto poético ao mar” e, á vez, como un “berro de esperanza por un oficio que pouco a pouco vai chegando ao seu límite”.
A intervención busca artellar un discurso sobre o mar desde o propio mar, seguindo o ronsel de referentes como Manoel Antonio. Proxectaranse tamén videopoemas baseados nos seus catro poemarios anteriores: Transfusión Oceánica, A Relixión do Mar, 12 Luces da Costa da Morte e Atlántico Norte, Chamádeme Ismael.
Ademais da performance, presentarase a súa última publicación, o álbum ilustrado Nao Cetácea (Editorial Canela), que continúa a liña da súa obra previa, Nación Mar. Concibido como un “libro de resistencia mariñeira”, Nao Cetácea recolle en 60 ilustracións anécdotas e historias dos pesqueiros do noso país, ofrecendo unha testemuña gráfica e poética dunha cultura en profunda transformación.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.