O canto tradicional: da Terra ao escenario. Con Xabier Díaz

AC Alexandre Bóveda

O xoves 3 de abril ás 19.30 h teremos un encontro con Xabier Díaz para falarnos do canto tradicional.

Nesta palestra propón explicar como as melodías tradicionais son interpretadas, recollidas e posteriormente arranxadas para se deslocaren aos escenarios, facendo así que eses cantares, desde as aldeas e rueiros do país ou desde os cancioneiros editados, pasen a ser coñecidos por uns públicos máis amplos capaces de os admiraren.

Xabier Díaz é unha das figuras actuais máis representativas da música de orixe tradicional na Galiza. Cunha dilatadísima experiencia na recolleita e interpretación de melodías transmitidas secularmente durante xeracións, fixo parte de Xacarandaina, Rumbadeira, Berrogüetto ou aCadaCanto. Desde 2014, con varios discos publicados de excelente acollida por parte do público e da crítica nacional e internacional, faise acompañar polas Adufeiras de Salitre, formación con que leva participado nuns 400 concertos en prestixiosos festivais na Galiza, na Europa e na América.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 3 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

PRAZAS ESGOTADAS

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies