
O martes 17 de marzo, ás 19.30 h, trasladámonos ao planetario da Coruña para unha sesión especial na que poderemos coñecer como é o firmamento da nosa cidade en primavera. Un firmamento de transición, no que ao inicio da noite aínda podemos ver algunhas constelacións típicas do ceo de inverno, incluída a espectacular rexión de Orión, o Can Maior, o Touro e os Xemelgos, mais empezan a facerse notar durante máis e máis horas as rexións do verán, co Cisne, a Lira e a Aguia mais tamén o Serpentario que acolle a estrela Rosalíadecastro. Ademais, aprenderemos trucos para localizar facilmente algúns obxectos celestes.
É unha actividade feita en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e os Museos Científicos coruñeses.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR