
O xoves 11 de setembro, ás 19.30 h, comezamos un novo curso do ciclo “Outras historias do cinema”. Martin Pawley falaranos do cinema antes do cinema.
Dende a antigüidade o ser humano intentou crear a ilusión de movemento, como se comproba na arte rupestre. En época máis recente, a diversión das imaxes animadas conseguíase mediante toda sorte de xogos ópticos, tanto de uso individual como colectivo. Após a invención da fotografía, o soño de captar a realidade en movemento foi un desafío para as mentes creativas. Nesta sesión repasaremos o período anterior á invención do cinematógrafo dos irmáns Lumière para redescubrir que xa houbo escenas animadas antes de 1895.
Martin Pawley é produtor, crítico e programador de cinema.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR