
Dentro do ciclo Cafés feministas, o sábado 6 de xuño ás 12:00 horas pechamos o curso coa sesión O deporte ten xénero?
O deporte achega múltiples beneficios físicos, psíquicos e sociais, pero son iguais para todas as persoas? Neste último encontro falaremos sobre as achegas individuais e colectivas da actividade física, a súa práctica segregada, as aprendizaxes e os obxectivos. Debateremos se a actividade é igual de beneficiosa para todo o mundo ou se afecta de modo diferente segundo quen a practique.
O encontro é de acceso libre, sen inscrición previa.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR