
O venres 6 de febreiro, ás 19.30 h, terá lugar a palestra O espolio ilegal dos recursos do pobo saharauí.
Desde a súa ocupación en 1975, o territorio saharauí sufriu diversas formas de colonización económica e política dos seus recursos naturais, desde a extracción e o saqueo ilegal até o comercio global ilexítimo. Nun mundo tecnoloxicamente avanzado e en constante cambio, os recursos saharauís permiten que a ocupación marroquí obteña maiores beneficios financeiros e económicos a través da súa explotación ilegal. Ademais, esta explotación xeralizouse e intensificouse nos últimos anos. Na palestra prestarase especial atención á xurisprudencia internacional sobre a materia e ao cumprimento do dereito internacional no Sáhara Occidental.
Contaremos con Elmachi Jalil Bugah, activista saharauí e membro da asociación Juventud Activa Saharaui (JAS).
É unha actividade feita en colaboración da Comunidade Saharauí en Galiza.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.