O FEDIVERSO contra Goliat

Fundación Luzes, AC Alexandre Bóveda

O mércores 22 de xaneiro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Revisar os Marcos, que facemos conxuntamente coa Fundación Luzes, teremos connosco a Alberto Quian.

Coa súa palestra, O FEDIVERSO contra Goliat, falaremos das comunidades de usuarias de redes sociais que desafían o control das grandes tecnolóxicas e dos seus algoritmos con software libre e de código aberto, protocolos de interoperabilidade e códigos éticos.

Alberto Quian é doutor en investigación en medios. Profesor da USC en xornalismo. Autor do libro Civilización Hacker.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 22 Xaneiro 2025
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies