O galego é a túa casa: grupo de conversa en galego na ACAB

AC Alexandre Bóveda

Estás comezando co galego e cústache atopar onde practicalo sen sentirte examinado?

Na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizamos un grupo de conversa para quen queira soltarse a falar galego, veña de onde veña. A lingua é tamén unha boa maneira de coñecer a cidade e a xente que vive nela, pero para iso hai que botala a andar.

A gramática acábase aprendendo. O difícil é ter onde falar con calma, sen medo a trabucarse. Por iso este grupo non funciona como unha clase: non hai exames nin libros de texto, e ninguén vai estar corrixindo cada frase que digas. Xuntámonos na rúa Santo André para conversar do que saia, sexa música, costumes, viaxes ou o día a día na Coruña.

Cando, onde e para quen

  • Todos os luns, de 11:00 a 12:00.
  • Na nosa sede: rúa Santo André, 36, 1.º (A Coruña). É o edificio do Circo de Artesáns, na primeira planta.
  • Para persoas de calquera nacionalidade e procedencia, e para calquera outra que se queira apuntar. Só fai falta ter ganas de falar e de aprender uns dos outros.

Como apuntarse

As prazas son limitadas para que o grupo non sexa moi grande e todo o mundo poida falar. Se queres reservar a túa ou simplemente pasar a coñecernos, cubre o formulario que tes aquí abaixo.

Agardámoste!

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 19 Outubro 2026
Hora: 11:00
Tipo de evento: Outros

Inscrición necesaria

Inscríbete