O impacto do Tratado UE-Mercosur en Galiza: Desafíos para a soberanía e o territorio

AC Alexandre Bóveda

O venres 20 de marzo, ás 19.30 h, acollemos no noso local un debate organizado pola Irmandade Moncho Valcarce sobre as consecuencias que terá o Tratado da UE-Mercosur sobre Galiza. Este acordo neoliberal promove a desregulación da lexislación europea e dos estados membros en favor do capital financeiro, as políticas de libre mercado e as grandes multinacionais. O tratado incide directamente no comercio agroalimentario, a explotación de recursos, a industria, os dereitos intelectuais e a liberalización de servizos.

Para analizar esta problemática contaremos coa participación de:

  • Xosé Ramón Cendán: Activo en organizacións sociais dende 1977 e membro histórico do Sindicato Labrego Galego, participou na fundación de Vía Campesina e foi detido en Hong Kong en 2005 durante as mobilizacións contra a OMC.

  • Isabel Vilalba: Filóloga e exsecretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. Cunha destacada traxectoria en Vía Campesina, tivo un papel fundamental no foro Nyeleni (Malí) para o desenvolvemento da soberanía alimentaria.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 20 Marzo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies