
O venres 5 de xuño ás 19:30 h terá lugar a presentación do libro O imperialismo no século XXI. Esta obra recupera o estudo do imperialismo, un fenómeno que condiciona o devir da humanidade na idade contemporánea desde hai máis de 150 anos.
A obra busca desmontar mitos, como o de que o imperialismo é algo do pasado e non relacionado coa evolución do sistema capitalista. Ao tempo busca abrir a mirada a outras realidades das que apenas se fala, nas que diferentes países tecen alianzas para construír relacións internacionais baseadas no diálogo e na cooperación, fronte á lóxica da imposición que é intrínseca á hexemonía imperialista. Procede tamén a unha análise do eurocentrismo como substrato intelectual do fenómeno imperialista, enfrontando este á súa antítese, o nacionalismo como manifestación netamente anti-imperialista.
O autor, Duarte Correa, é profesor e analista internacional, con colaboración habitual en diversas publicacións, e ponente en actividades formativas en Europa e América sobre xeopolítica, relacións internacionais e soberanía dos pobos.
Falarán:
Silvia Seixas. Membro do Consello Comarcal do BNG.
Xosé Manuel Carril. Profesor da UdC.
Duarte Correa. Autor do libro.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.