
Estados Unidos, Rusia, Turquía, Polonia ou Hungría son algúns dos exemplos máis coñecidos das chamadas democracias iliberais: reximes nos que os gobernantes acceden ao poder por vontade popular pero o exercen de forma autocrática, erosionando dereitos e mecanismos democráticos.
Que factores explican esta viraxe global cara modelos cada vez máis autoritarios? Que consecuencias ten para a sociedade e a gobernanza mundial?
Para afondar nesta cuestión, contaremos coa politóloga Elba Maneiro, doutora en Ciencias Políticas, quen nos axudará a revisar os marcos de interpretación deste fenómeno contemporáneo.
Esta actividade enmárcase no ciclo Revisar os marcos, que organizamos en colaboración coa Fundación Luzes.
Unha conversa imprescindible para comprender os retos da democracia hoxe.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.