Presentación de “O mundo da fauna na poesía galega”, de Sebastián Martínez-Risco

AC Alexandre Bóveda

O mércores 9 de xullo, ás 19.30 horas, presentaremos o libro O mundo da fauna na poesía galega. Ensaio antolóxico, autoria de Sebastián Martínez-Risco Macias.

É o produto dunha serie de conferencias que sobre o tema impartiu Sebastián Martínez-Risco Macías en diferentes espazos, tamén na diáspora; ficara disposto para a súa publicación en 1969, incluíndo un prólogo de Lois Tobio, mas as circunstancias impediron a súa publicación até este 2025 grazas a complicidade da familia de Sebastián e a Fundación Vicente Risco mediante o seu selo editorial Dr. Alveiros, e a xenerosa complicidade de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Paulo Carballada.

Na presentación participarán Elvira Carregado (Presidenta da Fundación Vicente Risco), Isabel Martínez-Risco (impulsora do proxecto) e Paulo Carballada (Tradutor).

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 9 Xullo 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies