O xoves 10 de xullo, ás 19.30 h, falaremos do mundo do traballo en Palestina: de Oslo ao xenocidio. Contaremos coas intervencións de Suzan Tayseer Abdel Salam, Nithya Nagarajan e Xosé L.Rivera Jácome.
Reflexionaremos sobre a loita de liberación do pobo palestino, desde o punto de vista da clase traballadora e as contradicións que tiveron que enfrontar no período posterior aos acordos de Oslo. Abordarase o papel que veñen desempeñando, en canto á solidariedade, a nivel internacional, as organizacións sindicais, especialmente en Europa, así como outras institucións, como a OIT. Teremos, desde Palestina, unha testemuña sobre a situación actual dos traballadores e traballadoras palestinos e as súas organizacións sindicais.
Suzan Tayseer Abdel Salam é presidenta dos Sindicatos Nacionais Palestinos de Xerusalén é vicepresidenta da Federación Sindical Mundial (FSM). Nithya Nagarajan foi profesora Universitaria de Economía e activista sindical en Palestina. Xosé L. Rivera Jácome é responsábel de Relacións Internacionais da CIG.
Colabora neste evento UDC x Palestina.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR