O proceso expositivo de «Emigrantas», unha mostra sobre as mulleres da emigración galega

AC Alexandre Bóveda

O martes 7 de abril, ás 19:00 h, coñeceremos o proceso de creación da exposición Emigrantas, emerxer do silencio, da man dunha das súas comisarias, Keina Espiñeira. A mostra recupera e visibiliza, a través de materiais de diverso tipo, as historias da emigración das mulleres galegas que foron silenciadas do relato oficial durante décadas. A exposición poderá visitarse no Quiosco Afonso da Coruña até o 3 de maio. A xornada servirá para preparar e compartir información de cara á visita guiada que faremos o sábado 18 de abril, ás 12:00

Keina Espiñeira é profesora na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e membro do Arquivo da Emigración Galega. Traballa no ámbito das migracións desde o internacionalismo anticolonial. Comisaría proxectos e exposicións de investigación-creación colectiva centrados na memoria das migracións.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 7 Abril 2026
Hora: 19:00
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies