O xoves 16 de xaneiro, ás 19.30 h, teremos connosco a Felipe Noya, de Médicos do Mundo, para falarnos da saúde en Gaza, un sistema sanitario baixo mínimos: os efectos dun xenocidio.
A Faixa de Gaza sofre unha catástrofe humanitaria sen precedentes, onde o sector sanitario é obxectivo directo dun asedio sistemático. Hospitales e clínicas foron bombardeados, máis de 1.000 traballadores sanitarios asasinados e ambulancias destruídas, deixando un sistema incapaz de atender as necesidades máis básicas. A escaseza de medicamentos, material médico e combustíbel agrava o sufrimento, mentres doenzas infecciosas e crónicas avanzan sen control. Este ataque deliberado contra a saúde pública evidencia un intento de destrución física e psicolóxica da poboación gazatí.
Felipe Noya é cirurxián ortopédico e traumatólogo no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Estivo once veces na Faixa de Gaza como voluntario de Médicos do Mundo. É membro do Comité de Programas Internacionais e referente do Grupo Palestina de Médicos do Mundo.
Esta actividade está coorganizada conxuntamente con UDCxPalestina e BDS Coruña.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR