
O mércores 25 de febreiro, ás 19.30 h, Carmela Galego ofrécenos unha palestra co título de O sufrimento da arte en tempos de guerra. Europa anos 30. Nesta sesión analizaremos o patrimonio bombardeado, as obras roubadas e os artistas represaliados/as, partindo de que o sufrimento da creatividade humana é multiforme cando se perde o respecto pola propia vida. A relevancia social que van cobrando as artes ao longo da historia da cultura contemporánea fai que estas acaden un protagonismo considerable nas dúas guerras que teñen o seu marco cronolóxico a final dos anos trinta e principios dos corenta do século XX. Situaremos o foco en Europa e observaremos ese impacto para cuestionármonos sobre a vixencia desas consecuencias.
Carmela Galego é historiadora da arte e profesora de francés. A súa traxectoria profesional está enfocada á comunicación e á docencia en contextos lúdicos e culturais.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.