
O venres 31 de xaneiro, ás 19.30 h, presentarase no noso local o libro O triángulo vermello, de Carme Vidal, Pablo Iglesias e Belén Diz.
Mercedes Núñez (1911-1986), política republicana e militante antifascista, logra sobrevivir ao Cárcere de Ventas franquista e ao campo de concentración nazi de Ravensbrück e dedica os últimos anos da súa vida a denunciar a represión sufrida no que foron dous verdadeiros infernos para as mulleres. En O Triángulo Vermello, (Pequena memoria, Xerais) o seu fillo, Pablo Iglesias, e a xornalista Carme Vidal, xunto coa ilustradora Belén Diz, relatan a biografía desta muller atravesada pola historia.
Pablo Iglesias naceu no exilio de París e é o único fillo de Mercedes Núñez Targa e verdadeiro albacea da súa memoria ademais de editor da súa obra ademais de activista na recuperación da memoria histórica.
Carme Vidal é xornalista e traballa na recuperación da memoria das mulleres con publicacións dedicadas a Maruxa Mallo, Syra Alonso, MªLuz Morales ou a propia Mercedes Núñez. De maneira especial, estudou ás escritoras memorialistas da represión franquista como a propia Mercedes Núñez.
Os dereitos do libro van destinados a unha organización de apoio á infancia de Gaza, Palestina.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR