Obradoiro de caixas estenopeicas para a eclipse

Obradoiro de caixas estenopeicas para a eclipse

O luns 13 de xullo ás 19.30 h, no noso local, organizamos un obradoiro para facer caixas estenopeicas para a eclipse, unha actividade desenvolvida en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Nesta sesión construíremos unha caixa estenopeica que nos permitirá observar de xeito totalmente seguro o Sol e a vindeira eclipse do 12 de agosto. A Agrupación Ío achegará un modelo de caixa impresa que as persoas asistentes terán que recortar, dobrar e pegar seguindo as instrucións paso a paso. Dado que o proceso de montaxe esixe recortar unha cartolina con bastante precisión, a actividade está dirixida a maiores de 14 anos. Ademais de levar a caixa de agasallo, aprenderemos as claves deste fenómeno astronómico e as medidas de seguridade imprescindibles para practicalo.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 13 Xullo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Obradoiro

PRAZAS ESGOTADAS