
O mércores 3 de xuño ás 19:30 h teremos un obradoiro lugrisiano.
Queremos darlle impulso e forza á manifestación do domingo 7 de xuño, A Coruña pola beleza, en defensa dos murais de Urbano Lugrís, e imos preparala xuntas. Estás convidada a este obradoiro performático de cantos, paraugas e pancartas para que as ondas do mar asolaguen a cidade toda. A ver se entre todas facemos unha gran pancarta cosendo farrapos de MAR.
A actividade é aberta e sen inscrición previa.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR