
Debido á previsión meteorolóxica da AEMET e Meteogalicia, que anuncian ceos anubrados ou cubertos a partir do solpor, temos que cancelar esta actividade.
O martes 24 de marzo, ás 21:00 h, na praza de María Pita, organizamos unha observación astronómica conxuntamente cos Museos Científicos Coruñeses e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío no marco da celebración do noso 50 aniversario. A actividade desenvolverase, se a meteoroloxía o permite, ata as 22:00 h e non require inscrición previa. Recomendamos consultar a nosa web e as nosas redes sociais o propio día para confirmar se a previsión do tempo fai posible a realización do evento.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR