
Dentro do ciclo Pensando o Futuro, o xoves 27 de novembro ás 19:30 h, contaremos coa presenza de Renée DePalma Ungaro para afondar na charla titulada “Olladas críticas sobre política lingüística e migración”.
A transmisión interxeracional do galego continúa en descenso entre a xente nova, unha tendencia que contrasta coas realidades doutros territorios con linguas propias como Cataluña ou Euskadi (Consello da Cultura Galega, 2025). Ao mesmo tempo, a Xunta de Galicia recomenda “facilitar a aprendizaxe de galego entre as persoas nacidas fóra de Galicia” (2025). Que papel ten a educación, a política e a inmigración na vitalidade dunha lingua minorizada coma a nosa?
Para responder a estas cuestións acompañaranos Renée DePalma, profesora na Universidade da Coruña, onde coordina o grupo de investigación ECIGAL (Educación para a Cidadanía Global) e participa en Nova Escola Galega a través do seu grupo de traballo en normalización lingüística. A súa traxectoria investigadora, desenvolvida ao longo de máis de dúas décadas, abrangue diversos contextos internacionais —como Estados Unidos ou Cabo Verde— e inclúe tamén múltiples estudos sobre o uso e a aprendizaxe do galego en centros educativos do país.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.