
O mércores 11 de marzo, ás 19:30 h, acolleremos a conferencia titulada Os actores que representaron a Xesús de Nazareth no cine, que será impartida por Victorino Pérez Prieto. Nesta sesión, realizaremos un percorrido detallado pola historia da sétima arte para analizar como a figura de Xesús de Nazaret foi interpretada desde as orixes do cine mudo ata as producións máis contemporáneas.
A charla abordará a evolución destas representacións cinematográficas, partindo de fitas pioneiras como a norteamericana The Höritz Passion Play (1897) ou a francesa La Naissance, la vie et la mort du Christ (1906). Analizaranse obras de gran repercusión mundial dirixidas por mestres como Nicholas Ray, Pasolini, Zeffirelli, Scorsese ou Mel Gibson, que contaron con actores da talla de Max Von Sydow, Willem Dafoe ou Jim Caviezel. Tamén haberá un espazo para propostas menos habituais ou singulares, como a visión de Color of the Cross ou a interpretación do actor islámico Ahmad Soleimani Nia en Jesus, the Spirit of God, concluíndo coa agardada fita de Terrence Malick, The Way of the Wind.
Victorino Pérez Prieto é profesor universitario xubilado, escritor, teólogo e pensador. Destaca como especialista en cultura galega, especialmente na Xeración Nós e na figura de Prisciliano, así como no diálogo interrelixioso e a ecoteoloxía. Colaborador habitual de Nós Diario, publicou trinta libros individuais e participou en máis de sesenta obras colectivas. Entre as súas publicacións máis recentes atopamos A unidade e harmonía da Realidade: Complexidade e ecoloxía (2022) e La mística en las religiones no cristianas: El reto de la no-dualidad (2024).
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies
Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.
Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.
Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.
Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.