Pensando o Futuro. Os rurais contemporáneos: do mito do atraso ao alicerce do futuro

Pensando o Futuro. Os rurais contemporáneos: do mito do atraso ao alicerce do futuro

O mércores 4 de novembro, ás 19.30 h, teremos o cuarto encontro do ciclo de pensamento crítico Pensando o Futuro. Nesta ocasióna relatora será María do Mar Pérez Fra, profesora da área de Economía, Socioloxía e Política Agraria, quen nos ofrecerá a palestra titulada Os rurais contemporáneos: do mito do atraso ao alicerce do futuro.

A intervención proporá unha revisión profunda arredor dos contornos rurais actuais, cuestionando a vella idea do atraso para poñer o acento na súa diversidade e na capacidade que atesouran como motores do porvir colectivo. Trátase de desprazar a mirada institucional e social para entender o rural non como un reto a resolver, senón como unha peza chave e imprescindible.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 4 Novembro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete