Outras historias de cinema. F. W. Murnau

AC Alexandre Bóveda

O xoves 5 de decembro, ás 19.30 h, continuamos con outras historias de cinema: F. W. Murnau, con Martin Pawley.

En marzo de 1931 un accidente de tráfico acabou prematuramente coa vida do alemán F. W. Murnau, a quen non é exaxerado cualificar como o máis talentoso director que nesa altura había no mundo. Autor no seu país natal de filmes magníficos (Nosferatu, O último, Fausto), Murnau foi fichado pola industria de Hollywood para realizar obras mestras coma Amencer, cuxa influencia no cinema do seu tempo foi case insuperábel. Nesta sesión rendemos tributo a un dos máis grandes creadores da historia.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 5 Decembro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies