
O xoves 5 de marzo, ás 19:30 h, continuamos co ciclo “Outras historias do cinema”. Na última entrega, a de 2022, da tradicional enquisa que cada dez anos fai a revista Sight & Sound sobre os mellores filmes da historia, a película que se colocou á cabeza da listaxe foi Jeanne Dielman da directora belga Chantal Akerman, unha escolla que facía evidente a súa influencia na cinefilia e na creación artística das últimas décadas. Dedicamos esta sesión a revisar a filmografía, moi diversa en canto a temas, estilos e xéneros, dunha autora imprescindíbel. Contaremos para iso coa presenza de Martin Pawley, produtor, crítico e programador de cinema.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.