
O xoves 4 de decembro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos dos filmes de László Krasznahorkai.
Non é infrecuente que o Premio Nobel de Literatura recaia nunha figura que deixou a súa pegada tamén no cinema, con exemplos notábeis como William Faulkner ou John Steinbeck, que escribiron os guións de grandes clásicos, ou os casos máis recentes de Harold Pinter e Peter Handke, que mesmo dirixiron filmes. Á listaxe súmase en 2025 o húngaro László Krasznahorkai, que a partir de 1988 foi o escritor habitual das películas de Béla Tarr, figura fundamental do cinema contemporáneo. Nesta sesión honraremos o sublime traballo que deu pé a obras mestras como “As harmonías Werckmeister” ou “O cabalo de Turín”.
Esta actividade fai parte do ciclo Outras historias de cinema que imparte Martin Pawley, produtor, crítico e programador de cinema.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR