
O xoves, 13 de novembro, ás 19.30 h, teremos unha nova sesión do ciclo “Outras historias do cinema”. Martin Pawley falaranos de Pier Paolo Pasolini.
O 2 de novembro de 1975 foi asasinado o escritor e cineasta Pier Paolo Pasolini, un feito aínda envolto en demasiadas incógnitas. Fai, pois, 50 anos da desaparición dun creador que, coa súa mestura infrecuente de xenialidade, conciencia crítica e empatía humanista, nunca deixará de ser un referente intelectual. Nesta sesión rendemos tributo a unha figura fundamental da cultura do século XX.
Martin Pawley é produtor, crítico e programador de cinema.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.