Outras historias do cinema: Souleymane Cissé

Outras historias do cinema: Souleymane Cissé

O xoves 12 de novembro, ás 19.30 h, temos unha nova sesión de Outras historias do cinema, da man do crítico e programador cinematográfico Martin Pawley. Nesta ocasión falaremos de Souleymane Cissé.

O maliano Souleymane Cissé é un dos nomes fundamentais dos cinemas africanos. No estado español foi coñecido fundamentalmente por Yeelen, un filme capital ambientado nun pasado indefinido e no que ten moito peso a mitoloxía bambara, mais a maior parte da súa filmografía móvese en coordenadas ben diferentes, en espazos urbanos e contemporáneos arredor de temas como os conflitos de clase, o desencanto mais tamén a esperanza nos cambios da xuventude ou os abusos á muller. O seu inequívoco espírito crítico convive cun extraordinario talento fílmico do que nacen obras mestras como Baara ou Finye.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 12 Novembro 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete