
O xoves 10 de setembro, ás 19.30 h, acollemos unha nova sesión do ciclo Outras historias do cinema: Werner Herzog, impartida por Martin Pawley, crítico e programador cinematográfico.
O Festival de San Sebastián concédelle este ano o Premio Donostia ao cineasta alemán Werner Herzog, un recoñemento a toda a súa traxectoria que se suma ao León de Ouro honorífico que obtivera o ano pasado na Mostra de Venecia. A cita sérvenos de escusa para repasar a súa impresionante obra cinematográfica, tanto no campo do documental coma na ficción, que se estende ao longo de xa máis de sesenta anos e que prosegue na actualidade, mais tamén a súa apaixonante produción literaria. Unha obra guiada por un san escepticismo e humor e marcada polo permanente asombro ante a natureza e o cosmos, o respecto pola diversidade cultural, étnica e lingüística e certa saudade cara aos mundos que se acaban, debuxando o perfil dun absoluto xenio ao que lle debemos obras maiores do cinema como O país do silencio e a escuridade, O enigma de Kaspar Hauser ou Fitzcarraldo.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.