
Palestina Animada é un proxecto de cinema de animación palestino que presenta un programa de curtametraxes e longametraxes, principalmente de cineastas de Palestina, desde Cisxordania, Gaza e a diáspora. O programa engloba unha mestura de películas profesionais e películas realizadas en diversos obradoiros na Palestina ocupada.
As promotoras do proxecto son un colectivo de cineastas, artistas e activistas de Palestina, Noruega, e diversos lugares do Estado Español. O Festival Palestina Animada estreouse en Cantabria no de marzo de 2025. Seguidamente presentouse en Oslo e outras localidades de Noruega, en Vélez Málaga e en Portugal (Lisboa, Porto e Braga). Está a programarse en varias mostras por toda Europa.
Este ciclo chega por primeira vez a Galiza nunha sesión de proxeccións e mesa redonda que se celebrará o sábado 12 de xullo ás 18 h no noso local.
O acto contará coa intervención do escritor Moncho Iglesias Míguez, que foi docente en Palestina e está organizado por Galiza Por Palestina, Cantabria por Palestina e o colectivo Ánimas Anónimas.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.