
O xoves 30 de xaneiro, ás 19.30 h, recibimos á Agrupación Folklórica Aturuxo da Coruña que nos dará a coñecer a andaina das “Velliñas” como elas lle chamaban ao longo dos seus 20 anos de vida artística. Isabel García Quintela, a presidenta de Aturuxo, falaranos da traxectoria das Pandereteiras de Mens e a súa achega ao noso folclore.
Teremos tamén a ocasión de gozar coa mostra dun grupo de cantareiras-pandereteiras actuais (4 compoñentes).
O ciclo que iniciamos con esta palestra continuará en febreiro con Antón Santamarina.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR