Presentación de “Papaventos abismados” de Marta Dacosta

AC Alexandre Bóveda

O venres 4 de abril, ás 19.30 h, acollemos a presentación do último poemario de Marta Dacosta publicado por Apiario: Papaventos abismados

Nun momento no que a sociedade comeza a tomar consciencia da importancia dos coidados e a sobrecarga que soportan as mulleres, Marta Dacosta deseña para a lectora un poemario atravesado por un tempo precipitado, unha tensión entre ser e estar e aquilo que se agarda de nós.

A autora estará acompañada pola editora Dores Tembrás.

Marta Dacosta, docente en Secundaria, publica o seu primeiro libro en 1993. Recibiu os premios González Garcés, Martín Códax e Joam Carballeira, entre outros. Algúns dos seus poemas foron musicados ouincorporados a proxectos teatrais. Colabora con Nós Diario. Entre os seus últimos títulos están Na casa da avoaLabirinto ou memoria ou Notas para a extinción. En 2022 publicou a antoloxía de xénero Así fala Penélope.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 4 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Presentación

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies