Paseo polos relatos e a natureza na península da Torre de Hércules

AC Alexandre Bóveda

O sábado 24 de maio, ás 11.30 da mañá, faremos un paseo polos relatos e a natureza na península da Torre de Hércules guiados por Antonio Sandoval.

A contorna da Torre de Hércules foi declarada hai anos, a iniciativa do Concello, Espazo Natural de Interese Local. O océano que se estende ao seu redor foi declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA – Directiva de Aves da UE) polo Goberno de España. Ao mesmo tempo, a costa alén da bocana da ría da Coruña (Oleiros) forma parte da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo desde 2013. De toda a biodiversidade que a Península da Torre agocha falaremos un pouco no noso paseo do día 24 de maio. Comezaremos na Estatua de Breogán, xunto ao aparcamento da Torre, para desde alí dirixirnos primeiro cara á praia de Durmideiras e ir a continuación percorrendo a liña litoral desde alí, pasando por Punta Herminia e o pé da Torre, até a praia do Areal.

Antonio Sandoval Rey, é naturalista, ornitólogo e escritor.

Duración: 2 horas

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 24 Maio 2025
Hora: 11:30
Tipo de evento: Roteiro

PRAZAS ESGOTADAS

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies