
Dentro do ciclo “Pensando a Ciencia”, o mércores 17 de xuño ás 19.30 h, Luis Martínez Otero falaranos de Mentes materiais. O neurocientífico galego é un dos investigadores principais do proxecto “XSCAPE – Material Minds”. Esta ambiciosa iniciativa científica, liderada dende Galiza, combina arqueoloxía, neurociencia visual, filosofía cognitiva e estudos sobre a cultura material. O seu obxectivo é constatar se as estruturas materiais dos asentamentos humanos, os edificios, as paisaxes e os artefactos contribúen activamente a cambiar os padróns de pensamento e atención, axudando así a comprender mellor a emerxencia da mente e da racionalidade humana.
Luis Martínez Otero é doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC e completou a súa formación posdoutoral na Universidade Rockefeller de Nova York. Tras exercer como científico titular do CSIC no Instituto de Neurociencias de Alicante, vén de anunciar o seu regreso a Galiza a través do programa de captación de talento Opportunius.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.